CANCELADO
Benqueridos amigos e amigas, socios e simpatizantes:
Convocámosvos, á unha nova sesión do Seminario da Asociación DMD que terá lugar o próximo luns 16 de marzo, ás seis da tarde no Centro Cívico da Cidade Vella sito na Rúa de Veeduría, 2 – 15001 A CORUÑA.
O tema a considerar está relacionado coa actual discusión sobre a Lei de Regularización da Eutanasia nas Cortes españolas, expoñendo a posición crítica que mantén a DMD.
En conxunto, a nosa Asociación maniféstase compracida coa posibilidade de ver constitucionalizado este novo dereito individual, mais tamén expón algunhas suxestións para corrixir determinadas limitacións que poderían dificultar a satisfacción do dereito a morrer dignamente.
Como en anteriores ocasións, invitámosvos a que convidedes a persoas socias e simpatizantes co movemento cidadán por unha morte digna.