Con esta xornada DMD Galicia pretende potenciar a difusión das cuestións relevantes relacionadas coa morte digna, cos dereitos e decisións das persoas e coa atención debida ás súas necesidades de coidado. Búscase tamén estimular a reflexión, discusión e participación na construción doutra forma de facer a vida, e a morte como parte dela, máis atenta ao obrigado respecto á dignidade que toda persoa posúe.
INSCRICIÓN INDICANDO O TEU NOME EN:
dmdgalicia@derechoamorir.org