Xa dispoñibles os vídeos da III Xornada galega sobre a morte digna

Prensa DMDBlog DMD, Galicia

Xa están dispoñibles os vídeos da III Xornada galega sobre a morte digna, celebrada o pasado 11 de outubro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

Nesta xornada compartimos reflexións profundas sobre a valoración do sufrimento no contexto eutanásico e o papel do traballo social nos dereitos sanitarios ao final da vida, da man de profesionais da bioética, a medicina, a psicoloxía e o traballo social.

Sabemos que non todas as persoas poden asistir aos nosos encontros, por iso traballamos para que os eventos máis importantes de DMD Galicia sexan accesibles, dentro das nosas posibilidades, a todas as persoas asociadas.

Podes ver as ponencias completas no noso canal de YouTube.

O papel do traballo social no final da vida 🎤 María Jesús Lago |traballadora social e xefa de servizo na área sanitaria de Vigo

O papel do traballo social no final da vida 🎤 María Jesús Lago |traballadora social e xefa de servizo na área sanitaria de Vigo

O papel do traballo social no final da vida
🎤 Luisa Andaluz | traballadora social do CHUAC e experta en atención paliativa

A valoración de traballo social do sufrimento no contexto eutanásico
🎤 Ana I.L. Guillén | traballadora social e vogal do Consello de Bioética de Galicia

A visión médica sobre o sufrimento e a eutanasia
🎤 Carlos Fernández Fraga | médico de familia

A valoración psicolóxica do sufrimento no contexto eutanásico
🎤 Irene Esperón | psicóloga da unidade de Coidados Paliativos do Hospital do Meixoiro (Vigo)

Comparte este artículo