Benqueridos amigos e amigas, socios e simpatizantes:
Este mes de abril, celebraremos a tertulia mensual o martes 23, pois o terceiro cadra en Semana Santa e non parece unha data adecuada para convocar.
Comprendemos que moitos de vos, por distancia do voso domicilio, por traballo, por enfermidade ou calquera outra causa, non podedes acudir a estas citas nas que nos encontramos para reflexionar; sen embargo, preferimos continuar enviándovos as convocatorias, por dúas razóns: a primeira, que así podedes ver os materiais sobre os que debatimos e a segunda, que, tal vez, nalgún momento cambien as vosas circunstancias e vos animedes a compartir o debate.
Continuamos a estudar polo miúdo, o Cuaderno DMD (Pincha aquí para descargar documento). Argumentos y reflexiones para quienes defendemos que la libertad de disponer de la propia vida es un derecho fundamental del siglo XXI. Nesta sesión falaremos dos DEREITOS SANITARIOS, que aparecen entre as páxinas 47 e 62, ambas inclusive, na edición do Cuaderno que se achega.
Xa que logo, convocámoste para o próximo martes vinte e tres de abril, ás seis da tarde no Centro Cívico da Cidade Vella sito na Rúa de Veeduría, 2 – 15001 A CORUÑA.