Benqueridos/as socios/as e simpatizantes:
Convocámosvos a unha nova tertulia da DMD que tera lugar o luns vinte e un de outubro, ás seis da tarde no Centro Cívico da Cidade Vella
sito na rúa de Veeduría, 2 – 15001 A CORUÑA.
Por razóns organizativas, de agora en diante, as reunións mensuais de soci@s e simpatizantes faranse os penúltimos luns de cada mes, no canto dos martes. Confiamos en que esta medida favoreza a asistencia do máximo número de persoas interesadas en asistir.
No encontro deste luns, estudiaremos polo miúdo o contido e o procedemento para rexistrar o novo modelo de Documento de Instrucións
Previas de DMD para Galicia, que consta de cinco puntos. Así mesmo, informarase sobre varios asuntos de actualidade, relacionados co movemento cidadán por unha morte digna.
Recibide un cordial saúdo.