Benqueridos/as socios/as e simpatizantes:
Convidámosvos a unha nova tertulia da DMD, a última do ano en que andamos, que terá lugar o martes 26 de novembro, ás cinco e media da tarde no local municipal coñecido como OMD, antigamente Centro Cívico, sito na Rúa Oliva número 12 (a carón da Colexiata) en Vigo.
Nela trataremos de retornar o que aprendimos nos Encontros das Asociacións de DMD Federadas, de todo o Estado, que tivo lugar en Madrid a última fin de semana do mes de outubro.
Entretanto, recibide un cordial saúdo.