Benqueridos amigos e amigas, socios e simpatizantes:
Convocámosvos a unha nova tertulia da DMD Galicia que tera lugar o martes dez e oito de xuño, ás 18:00 no Centro Cívico da Cidade Vella sito na rúa de Veeduría, 2.
Nesta ocasión, imos debater sobre o INCUMPRIMENTO DA VONTADE DO PACIENTE, para o cal convén que lle deamos lectura ás páxinas 65 e seguintes do CADERNO editado pola Asociación Federal da DMD, na que DMD Galicia está integrada (ed. maio 2017).
Ésta será o último dos faladoiros antes do paréntese estival.