Benqueridos/as socios/as:
Pasado o mes de xaneiro do ano en que andamos e, posto que é un mes de moita actividade para a DMD, xa que o día 12 conmemórase o DÍA DA MORTE DIGNA EN GALICIA, en lembranza de Ramón Sampedro, paradigma da loita polo dereito a dispor da propia vida, cúmprenos RETOMAR O CICLO DE TERTULIAS que deu comezo o pasado catorce de decembro.
Parécenos enriquecedor que socios e simpatizantes da DMD, reflexionemos xuntos sobre os obxectivos da DMD a fin de que éstes se fagan realidade máis pronto que tarde.
Xa que logo, anéxase a esta convocatoria a segunda edición do CADERNO editado pola Asociación Federal da DMD, na que DMD Galicia está integrada. Trátase de que lle deamos lectura ás páxinas 22-33, ambas as dúas inclusive (Eutanasia e suicidio asistido), antes do martes 19 de febreiro, día no que se celebrará esta segunda tertulia aberta a persoas socias e simpatizantes, na cidade de A Coruña.
En principio, estas tertulias terán unha periodicidade mensual, celebrándose o terceiro martes de cada mes e unha duración de dúas horas (de 18.00 h. a 20.00 h.)
Confiamos en que te interese a nosa proposta e que te animes a acompañarnos o próximo martes dez e nove de febreiro, ás seis da tarde no Centro Cívico da Cidade Vella sito na Rúa de Veeduría, 2 – 15001 A CORUÑA
Entretanto, recibe un afectuoso saúdo.
Asdo.: ASCENSIÓN CAMBRÓN INFANTE, PRESIDENTA DMD GALICIA