I Xornada galega sobre a morte digna

Prensa DMDGalicia, Portada

O pasado 26 de novembro celebramos en Santiago de Compostela a I Xornada galega sobre a morte digna, cunha máis que aceptable afluencia de público, interesado, participativo e diverso.

Marina Iglesias, especialista universitaria en coidados paliativos, falounos da súa da súa experiencia comunicativa con pacientes terminais.

Miguel Vieito, especialista en dereito sanitario, enmarcou os dereitos sanitarios e a LORE dentro do noso regulamento.

Nieves Molíns, presidenta da Comisión de Garantía e Avaliación de Galicia, fixo un percorrido polo que foi ata o momento o desenvolvemento lexislativo da LORE.

Finalmente, unha mesa de partidos políticos animou ao debate sobre as políticas a desenvolver dende os distintos niveis da Administración.

Comparte este artículo