Presentación no Parlamento de Galicia da PNL para declarar o 12 de xaneiro Día da Morte Digna

Prensa DMDGalicia, Noticias

O pasado martes, 6 de novembro, debateuse no Parlamento de Galicia a proposición non de lei rexistrada polo BNG, por solicitude de DMD Galicia, en relación á “Declaración de apoio ao recoñecemento do 12 de xaneiro como Día da Morte Digna en Galicia”, en memoria de Ramón Sampedro, da súa loita pola eutanasia e do seu exemplo de coherencia, dignidade e valor ao longo da súa vida e no momento da súa morte.

Na Declaración, asinada polo BNG e polo PSOE de Galicia, así como por numerosas organizacións da sociedade civil ao longo do pasado ano, apélase á responsabilidade da sociedade e moi especialmente das institucións para que a lei que regula o dereito á eutanasia se desenvolva coa normalidade que se merece e tal como obriga a propia lei.

A proposición resultou rexeitada pola oposición do PP e cos votos a favor do BNG e do PSOE de Galicia.
Deixamos enlaces con información de prensa e a Declaración presentada:

EL DIARIO
El PP gallego rechaza declarar el 12 de enero, fecha de la muerte de Ramón Sampedro, el Día de la Muerte Digna

WEB BNG

Montse Prado apela a seguir avanzando no dereito a morrer dignamente e advirte do risco de retroceso co PP máis ultra

DECLARACIÓN PRESENTADA

Apoio declaración 12 de xaneiro

 

APOYOS A LA DECLARACIÓN DEL DÍA DA MORTE DIGNA

Apoios á Declaración 12 xaneiro

Comparte este artículo