A Lei Orgánica de Regulación da Eutanasia (LORE), cumple 5 anos da súa entrada en vigor o 25 de xuño do ano 2021.
Regula un novo dereito de solicitar e recibir axuda para morrer, nunha situación de sufrimento intolerable (contexto eutanásico) producido por unha enfermidade grave e incurable ou un padecemento grave crónico e imposibilitante; e que cumpra outras condicións que marca a lei, como ser maior de idade, ser capaz e consciente.
En contra do declarado recentemente por Alberto Núñez Feijoo (PP), nun programa de tv da máxima audiencia, recibir a prestación de axuda para morrer en España non é fácil. Temos unha lei moi garantista que require a acreditación por dous profesionais médicos, Médica/o Responsable (MR) e Médico/a Consultor/a (MC) e a verificación pola Comisión de Garantias e Avaliación da Eutanasia (CGAE). A persoa que solicita a eutanasia conta con información por escrito do seu proceso médico, as diferentes alternativas e posibilidades de actuación, incluida a de acceder a coidados paliativos integrais e ás prestacións ás que tivese dereito de atención á dependencia e con esa información toma unha decisión autònoma e propia
É unha prestación máis da carteira común de servizos do SERGAS aos/ás profesionais asistenciais, a eutanasia supón un novo deber relacionado cos actuais fins da medicina, que inclúen o acompañamento e o coidado cando non se pode curar, o alivio do sufrimento e a axuda para conseguir unha morte digna.
Denunciamos que:
A día de hoxe a CGAE non publicou o informe anual de Galicia do 2025, como obriga a lei e moitas autonomias xa o teñen publicado. Supoñemos que está elaborado, xa que hai uns días o SERGAS informou de que no 2025 houbo 44 solicitudes e realizaronse 13 eutanasias, en España realizaronse 565 eutanasias, o que supón 1,3 /1000 mortes totales, e en Galicia estamos moi por debaixo nun 0,13 /1000. Esta taxa fainos pensar que non hai unha suficiente divulgación da lei entre a cidadania nin a entre profesionais sanitarios.
|
Ano |
Solicitudes | Eutanasias realizadas |
| 2021 | 10 | 2 |
| 2022 | 27 | 8 |
| 2023 | 38 | 18 |
| 2024 | 35 | 16 |
| 2025* | 44 |
13 |
Fontes: informes anuais do SERGAS (2021-2024). Os datos de 2025 (*) son provisionais, facilitados polo SERGAS e o Ministerio de Sanidade.
Observamos un leve incremento de solicitudes y un descenso no número PAM realizadas, require un análise para coñecer as razóns. Comparando con outra autonomía como Euskadi cunha poboación similar a Galicia das 120 solicitudes realizáronse 78 no ano 2025.
A LORE marca uns prazos máximos para a tramitación da solicitudes da eutanasia nuns 35-40 días, no ano 2025 en Galicia foi unha media de 55,6 días. Esta demora supón unha prolongación do sufrimento da persoa dun xeito innecesario e cruel. A récente afirmación de Raquel Vázquez, subdirectora xeral de Atencion Hospitalaria, de que a media de tramitación non pode baixar de 50 días, non se corresponde coa realidade. O exemplo da nosa compañeira Laura Fernández Abalde demostra que a axilización dos prazos é posible, xa que Laura faleceu por eutanasia nun proceso que rematou en 21 días.
En Galicia, a primeira solicitude despois de ser asinada diante de persoal sanitario,debe rexistrarse dirixíndoa a Dirección da Área Sanitaria que é quen nomeará a/o Médica/o Responsable, no Protocolo galego non marca o tempo mínimo, nin máximo para facer o nomeamento, atopámonos cunha primeira demora.
A esto engádese a falta de información que atopan as persoas nos centros de saúde, hospitais e centros socio sanitarios sobre como facer a primeira solicitude de PAM, cando non os intentan desanimar e emitir xuicios morais a súa decisión.
DMD propoñemos a creación dun mínimo protocolo diante da solicitude de eutanasia, que proporcione unhas directrices básicas adaptadas a cada centro sanitario que guíen aos profesionais da saúde e faciliten o acceso a este dereito.
A LORE recoñece o dereito do persoal sanitario, directamente implicados na prestación de axuda para morrer (PAM), á obxeción de conciencia; a estas alturas seguimos sen o rexistro galego de obxetores de conciencia, o que dificulta o nomeamento de MR.
Outra cuestión que descoñecemos é o número de persoas que morreron durante a tramitación, (en anos anteriores cerca dunha terceira parte) cando e como foi a súa morte, con alivio dos seus sintomas, con coidados paliativos, sufrindo, suicidándose.
O Sergas, actualizou o Protocolo galego sobre o procedemento para a realización da prestación de axuda para morrer (PAM) en setembro do 2025 así como a Guía técnica asistencial, todo un despregamento burocrático en vez dunha simplificación documental e avance na dixitalización.
DMD considera necesario un maior apoio técnico ao persoal sanitario, para facilitar a tramitación do laborioso procedemento administrativo, por parte dos referentes que en teoria existen nos equipos directivos das áreas sanitarias, para evitar cripto obxecións pola sobrecarga asistencial que supoñen as tarefas como médico/a responsable, á que se engade a inseguridade por descoñecemento do proceso. Ademais, debe dárselle tempo extra a estes profesionais para a atención destes doentes; as consultas precisan dun tempo acorde coa complexidade do procedimiento e á situación dos pacientes. Doutro xeito non se pode realizar o necesario proceso deliberativo.
Tamén son necesarias máis formación presencial e acompañamento emocional ao persoal sanitario así como liberarlles tempo das súas axendas asistenciais para poder facer os procesos deliberativos e os informes médicos dentro da súa xornada laboral .
Unha consulta que nos chega a DMD de xeito reiterado é a dificultade de conseguir información para iniciar a tramitación da solicitude de eutanasia.
A LORE contempla a posibilidade de acceso à eutanasia a unha persoa incapaz cando deixou constancia da súa solicitude no Testamento Vital/ Documento de Instrucións Previas, se reune os requisitos.
No ano 2025 no Rexistro Galego de Instruccións Previas REGAIP, rexistràronse máis de 6.000 novos testamentos vitais e nun 84% deixan solicitada a eutanasia, e nun 64% fan doazón de organos.
Esta cifra triplica as de anos anteriores, e desde DMD G revindicamos este avance como efecto da nosa campaña de información sobre o testamento vital, a pesares do cal estamos entre as autonomías con menos TV, un 7/1000, cando en Cataluña e Navarra están nun 27- 32 por mil,. Será que hai nesas comunidades unhas politicas sanitarias que promocionan os dereitos sanitarios con información activa a cidadania nos centros sanitarios e nas súas páxinas web con anuncios/ videos cortos e clarificadores e noutras comunidades non o fan.
Seguimos detectando demoras de máis dun ano na incorporación á historia clínica dos TV/DIP, polo que reclamamos a incorporación inmediata deses testamentos vitais ou DIP á historia clínica, para que o persoal médico teña acceso á mesma e poder respectar as decisións da persoa, no caso de a súa situación clínica non lle permita expresarse, ainda que unha vez formalizado o documento xa é valido .
Outra reivindicación de DMD e a creación dun Observatorio de Morte Digna en Galicia, que a porte información esencial como é o lugar e as circunstancias en que morren as persoas en Galicia, para extraer conclusións e facer propostas que permitan garantir o dereito a unha morte digna na nosa comunidade e asegurar que se están a cumprir a lei do 2015 de Dereitos e garantias da dignidade das persoas enfermas terminais e a LORE
Estamos colaborando no Movemento cidadán polo dereito a unha morte digna e propoñemos o día 12 de xaneiro, día da morte de Ramón Sampedro, un galego referente mundial, como Día da Morte Digna en Galicia.
Imagen: DMD Galicia.Comparte este artículo

