Programa do curso de verán ‘Vida digna, morte digna’ – do 4 ao 7 de xullo de 2022

Prensa DMDGalicia, Portada

Celebramos as ‘Segundas Xornadas sobre morte digna’ entre o 4 e o 7 de xullo na Universidade de Santiago de Compostela. Inscríbete xa facendo clic aquí.

O enfoque das xornadas, que contarán con espazos de debate, charlas e coloquios, estará centrado na aplicación concreta da Lei de Eutanasia, en como exercer e defender os nosos dereitos ao final da vida, acerca da libre disposición da vida ou sobre a importancia do Testamento Vital.

Nesta segunda edición das xornadas contaremos coa participación, entre outros, do presidente de DMD, Javier Velasco, o presidente da Comisión de Garantías e Avaliación de Catalunya, Albert Tuca, profesionais sanitarios de Navarra, Canarias, Madrid… Xunto a eles tamén intervirán catedráticos/as de dereito constitucional, como Miguel Ángel Presno Linera, psicólogos/as, profesionais sanitarios dos sectores da medicina e a enfermería, etc.

Este espazo formativo, organizado pola Universidade de Verán 2022 e DMD Galicia, conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, e se celebrará na facultade de filosofía da devandita institución.

220704 GAL XORNADAS UNIVERSIDAD SANTIAGO 2022 PROGRAMA GALEGO_compressed

Comparte este artículo