O próximo luns, dez e seis de decembro, ás seis da tarde no Centro Cívico da Cidade Vella sito na rúa de Veeduría, 2 – 15001 A CORUÑA, vaise celebrar a derradeira tertulia do 2019 coas persoas socias e simpatizantes da provincia que queiran e poidan asistir.
A ponente, nesta ocasión, vai ser Pilar Pérez Subías, socia activa pertencente á Xunta Directiva de DMD Galicia. Vaise profundizar nos contidos que quedaron pendentes na anterior tertulia (a do terceiro luns do mes de novembro) e que teñen que ver co aprendido nos Encontros das Asociacións de DMD Federadas, de todo o Estado, que tivo lugar en Madrid a última fin de semana do mes de outubro.
Recórdase que calquera das persoas que recibe esta convocatoria, pode convidar a asistir a outras persoas do seu entorno que simpaticen co movemento cidadán por unha morte digna.
Máis somos, máis logramos!
A quen non poida acudir, pola distancia ou por calquera outro motivo, desexámoslle unhas Felices Festas e un venturoso Ano Novo.