Benqueridos amigos e amigas, socios e simpatizantes:
Unha vez máis, convocámoste a asistir á tertulia mensual da Asociación DMD que terá lugar o próximo martes 21 de maio, ás seis da tarde no Centro Cívico da Cidade Vella sito na Rúa de Veeduría, 2 – 15001 A CORUÑA.
Ésta, será unha continuación da anterior, na que comezamos a estudiar os DEREITOS SANITARIOS DA CIDADANÍA, para o cal nos guiamos polo Cuaderno DMD. Argumentos y reflexiones para quienes defendemos que la libertad de disponer de la propia vida es un derecho fundamental del siglo XXI. Convén que antes da tertulia, leamos o texto que aparece entre as páxinas 49 a 58 do antedito Cuaderno*.
Nin que dicir ten, que se trata dunha tertulia aberta. Xa que logo, invitámosvos a que convidedes a persoas socias e simpatizantes co movemento cidadán por unha morte digna.