Tertulia: dereitos sanitarios en A Coruña

Prensa DMD

Cartel de la tertulia sobre derechos sanitarios en a Coruña
Detalles de Evento
  • Fecha:
  • Lugar:
    Centro Cívico da Cidade Vella
    Rúa de Veedurías, 2 – A Coruña

Benqueridos amigos e amigas, socios e simpatizantes:

Unha vez máis,  convocámoste a asistir á tertulia mensual da Asociación DMD que terá lugar o próximo martes 21 de maio, ás seis da tarde no  Centro Cívico da Cidade Vella sito na Rúa de Veeduría, 2 –  15001 A CORUÑA.

Ésta, será unha continuación da anterior, na que comezamos a estudiar os DEREITOS SANITARIOS DA CIDADANÍA, para o cal nos guiamos polo Cuaderno DMD. Argumentos y reflexiones para quienes defendemos que la libertad de disponer de la propia vida es un derecho fundamental del  siglo XXI. Convén que antes da tertulia, leamos o texto que aparece entre as páxinas 49 a 58 do antedito Cuaderno*.

Nin que dicir ten,  que se trata dunha tertulia aberta. Xa que logo, invitámosvos a que  convidedes a persoas socias e simpatizantes co movemento cidadán por unha morte digna.