Tertulia mensual de DMD Galicia en Pontevedra

Prensa DMD

Detalles de Evento
  • Fecha:
  • Lugar:
    Centro Municipal Casco Vello
    Rua Oliva, 12 – Vigo

Benqueridas amigas e amigos:

Continuamos coas Tertulias do último martes de cada mes. Pero de agora en diante imos intentar conseguir un segundo obxectivo.

Imos tratar de que, ademais da reflexión e profundización nos diferentes argumentos a ter en conta cando falamos do dereito a dispoñer da nosa propia vida, dediquemos unha parte do tempo a aspectos organizativos: consolidación e ampliación do grupo, posibles actividades de difusión, etc.

Nesta ocasión, a ponente será unha das nosas socias activistas, Luz Leirós, enfermeira con coñecementos e experiencia en coidados paliativos que nos vai achegar a un punto de vista moi fundamentado acerca dos coidados aos enfermos terminais.

Propoñemos a lectura sosegada do artigo publicado na última revista –número 78, pp. 27 e ss.– da DMD titulado “El lugar de la eutanasia en una atención ética y de calidad”, firmado pola

enfermeira catalá Montse Busquets (Pincha aquí para descargar documento)

Xa que logo, convocámosvos para o próximo martes 26 de marzo ás 17.30 h. no local municipal coñecido como OMD, antigamente Centro Cívico, sito na Rúa Oliva número 12 (a carón da Colexiata).