A asociación DMD Galicia celebra, un ano máis, unha xornada de debate e reflexión sobre a morte digna en Galicia. A actividade celebrarase o sábado 11 de outubro de 2025 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.
A actividade comezará ás dez da mañá, coa presentación a cargo de Isabel Blanco Domínguez, presidenta da DMD Galicia. Quince minutos despois comezará a primeira mesa redonda, co título ‘Valoración do sufrimento no contexto eutanásico: unha visión multidisciplinar’, na que participarán como ponentes Ana I.L Guillén, traballadora social, vogal do Consello de Bioética de Galicia e xefa de servicio da área Santiago-Barbanza; Carlos Fernández Fraga, médico de familia; e Irene Esperón, psicóloga da unidade de Coidados Paliativos do Hospital do Meixoiro en Vigo.
Despois do debate e pausa a media mañá comezará a segunda mesa redonda da xornada, arredor do papel do traballo social nos dereitos sanitarios ao final da vida, na que os ponentes serán Luisa Andaluz, traballadora social do Chuac e experta en atención paliativa, e María Jesús Lago, traballadora social e xefa de servicio na área sanitaria de Vigo. A xornada rematará ás dúas da tarde, coa intervención, a modo de resume, do secretario da DMD Galicia, Antón Ferreiro.
As persoas que queiran inscribirse na xornada, poden facelo de xeito completamente gratuito no correo electrónico da DMD Galicia: dmdgalicia@derechoamorir.org