O próximo xoves 4 de abril as 19:30 no local de ÁRBORE, Rúa López Mora 30.Vigo
DMD Galicia ofrece información sobre como facer o testamento vital e os dereitos sanitarios ao final da vida xa conquistados, coñecelos e exercelos axúdanos a planificar unha boa morte.
Falaremos de como facer o testamento vital para deixar reflectido, neste documento legal, os nosos desexos sobre os coidados sanitarios que queremos recibir ao final da nosa vida e ter a tranquilidade de que sexan respectados cando xa non podamos comunicarnos.
Tamén falaremos dos dereitos sanitarios: lei de autonomía,dereito información, renuncia a tratamentos, alivio do sufrimento cos coidados paliativos e a lei da eutanasia
Convidámosvos a participar, reflexionar e aclarar a vosas dúbidas.