A Consellería de Sanidade sigue a dificultar o dereito a solicitar a eutanasia

Prensa DMDGalicia, Notas de prensa

En reiteradas ocasións DMD Galicia veulle reclamando á Xunta de Galicia que dispuxera os medios necesarios para facer efectivo o dereito á prestación sanitaria de morte asistida médicamente, conforme ao previsto na Lei Orgánica de regulación da Eutanasia (LORE).

Tivemos que denunciar: o retraso na creación da Comisión de Garantía e Avaliación, a carencia de iniciativas da Consellería para a formación de profesionais e administradores sanitarios sobre o contido da Lei e os procedementos a aplicar para facela efectiva, a ausencia de actuacións de sensibilización e información á sociedade sobre o novo dereito e o Testamento Vital, e mesmo o impreso que no SERGAS se ofrecía ás persoas para rexistrar o seu Testamento Vital (por ocultar o dereito a anticipar a solicitude de eutanasia si a persoa chegara a atoparse nun dos tipos previstos na Lei).

Calificamos estos comportamentos como entorpecedores do exercicio dun dereito fundamental. E ahí seguimos.

En datas recentes, despois de denuncias públicas e iniciativas parlamentarias, soubemos que a Consellería de Sanidade viña de modificar o impreso para o rexistro do Testamento Vital.

E non se podía facer peor.

É así que no documento actualmente vixente, xa modificado despois da denuncia de DMDG, suprimíronse as referencias ás normas legais que sustentan o Testamento Vital, e introduciuse a posibilidade de elección de eutanasia, pero dando a entender que a morte asistida médicamente podería proporcionarse á persoa contra a sua vontade si esta non deixara dito explícitamente que non quere a eutanasia.

A Lei é absolutamente clara ao respecto (Capítulo II, arts. 4 e 5): as persoas só poderán acceder á eutanasia previa solicitude realizada en plenas condicións de capacidade, dispoñendo da información necesaria, e sin coacción algunha. Esa solicitude poderá facerse anticipadamente mediante a sua constancia expresa no Testamento Vital.

DMD Galicia recomenda que se rexistre a solicitude de eutanasia no Testamento Vital por quen non querendo continuar a sua vida nas condicións de enfermidade ou estado crónico e incurable causante de sufrimento intolerable, tal como prevé a Lei para acceder á morte asistida médicamente, poida perder de forma irreversible a sua capacidade legal para adoptar esta decisión como consecuencia de enfermidade ou accidente.

Non ten ningún sentido aparente, induce á confusión e moviliza o temor á morte por acción médica, propoñerlle ás persoas que fagan constar explícitamente no documento de rexistro do Testamento Vital que non queren a prestación de eutanasia ou que non se pronuncian ao respecto, tal como se contén no documento reformado pola Consellería.

Pero a modificación realizada non é unha modificación calqueira, xa que se situa na estela dos atrancos que dende instancias do goberno autonómico en Galicia se están a poñer ao coñecemento adecuado da Lei, á sua materialización, e á normalidade no exercicio do novo deretio polas persoas que o necesiten. De feito esta é unha acción que xa foi impulsada, hai agora un ano, polos sectores mais integristas e reaccionarios daqueles que que se opoñen á regulación da eutanasia, coa finalidade de crear confusión e provocalo medo (en particular das persoas maiores), para así tentar debilitar o apoio social ao dereito á eutanasia.

Dende hai anos vimos denunciando que no Rexistro de Instruccións Previas da Consellería de Sanidade (espazo administrativo onde se rexistran os testamentos vitais) faise oposición activa ao dereito das persoas a exercer libremente a sua vontade en relación aos tratamentos médicos. Esta última actuación aquí denunciada é o extremo dunha traxectoria de creación de dificultades ás persoas que queren exercer a sua autonomía rexistrando o seu Testamento Vital.

Un impreso-formulario para o rexistro do Testamento Vital non é o espacio no que defender as opinións propias da persoa funcionaria, sexa cal sexa o seu cargo, e menos aínda pode ser un instrumento que cause dano ás persoas e aos seus dereitos.

Non se debe ignorar que nada desto estaría pasando si por quen ostenta a máxima responsabilidade da Xunta non se fixera dende o primeiro día cuestionamento do dereito á eutanasia, tal como fixo o Sr. Feijoo cando valorou a nova Lei Orgánica de regulación da Eutanasia e retrasou a creación do órgano autonómico necesario para a sua aplicación. Esa actitude do Presidente da Xunta foi tomada por determiñados funcionarios, como era esperable, como unha autorización para opoñerse á Lei.

Nesas estamos.

Urxe a formación de quen traballa no sistema sanitario en Dereitos das persoas e na Lei Orgánica de regulación da Eutanasia, e debe facerse extensiva tamén aos altos cargos da Consellería de Sanidade xa que o seu descoñecemento da norma é palpable.

Ten que aumentarse pola Consellería a información á sociedade sobre o Testamento Vital e o novo dereito/prestación á morte asistida médicamente conforme ao previsto na LORE.

Compre millorala accesibilidade ao rexistro de instruccións previas: incrementando as Unidades de Rexistro e as profesionais habilitadas que sustentan as mesmas, para así superar as listas de agarda que tamén se soportan neste dereito.

Debe comunicárselle á persoa, dada a importancia desta cuestión, a resolución de inscripción do documento no rexistro, non deixando esta á interpretación do silencio administrativo.

E debe sustituirse inmediatamente o impreso-formulario recentemente modificado por outro que incluia as referencias das normas legais e a elección da opción pola eutanasia si a persoa así o valora (existen modelos moi sinxelos noutras Comunidades Autónomas que son plenamente válidos e acordes coa Lei, por exemplo o do Servicio de Saúde de Euskadi ou o de Catalunya).

En Santiago a 18 de abril de 2022

DMD Galicia

Comparte este artículo